Friday 03 de May de 2024

Premios á lectura en Neda


Coa vista posta no Día do Libro, o Concello de Neda quixo premiar un ano máis aos lectores e lectoras, e esta tarde, a concelleira, Verónica Vigo, e a bibliotecaria local, Tania Fernández, facían entrega de diversos lotes de libros a aqueles que máis libros levaron en préstamo da Biblioteca Municipal ao longo do pasado ano. Así, Iago Beceiro e Yoel Pérez recibiron os libros na categoría infantil tras 72 e 70 títulos lidos respectivamente nun ano. Ademais, neste particular recoñecemento á lectura, e xa na categoría de persoas adultas, Manuela Anca, Lorena Montero e María José Fernández foron as socias da biblio con mellores rexistros lectores.